A.C.I.S.A. DEMANDOULLES AOS REPRESENTANTES POPULARES COS QUE SE REUNIU ONTE BOLSAS DE PAPEL GRATUÍTAS PARA OS SEUS ASOCIADOS E MÁIS PASES PARA ACCEDER Á PRAIA DAS CATEDRAIS A.C.I.S.A. mantivo un encontro nas últimas horas co deputado autonómico do PP Daniel...
Malestar entre os negocios da rúa San Roque, de Ribadeo, tras o escape de gas que se produciu pasadas as catro da tarde. Acisa denuncia esta situación e o perigo que supuxo tanto para os veciños e veciñas como para os locais comerciais e hostaleiros desa vía.
A persoa afortunada co premio do Día da Nai de Acisa Ribadeo ten ata o 21 de maio para reclamalo na oficina da asociación. A papeleta é a 7.206. Trátase dos catro últimos números do sorteo extraordinario da ONCE de onte, 6 de maio (27.206). O premio consiste en 300 euros en vales de compra para gastar nun só día co asesoramento e acompañamento dun persoal shopper.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que afronta esta nova etapa na asociación “con ilusión” e dixo que “daba pena que no se presentara nadie y al final una serie de personas de otras directivas, de la anterior y algunas nuevas incorporaciones tomamos la decisión de ponernos al frente, porque la desaparición de Acisa sería un problema grande para Ribadeo, ya que aquí la única industria que hay son los servicios”.
Acisa Ribadeo ven de renovar a súa directiva para os dous vindeiros anos. Francisco Miguel Iriarte Quintana é o novo presidente, cargo que xa ostentou noutras dúas ocasións; como vicepresidente seguirá Juan Antonio Fernández Andina, a tesoureira é Manuela Torviso Pérez, que ocupa este posto desde hai máis de dez anos; e a secretaria é María Antonia López Lens, que é unhas das novas incorporacións.
ACISA RIBADEO PON EN XOGO NA SÚA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 300 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NUN SÓ DÍA CO ASESORAMENTO DUN PERSOAL SHOPPER TRÁTASE DA PRIMEIRA VEZ QUE SE LEVA ADIANTE UNHA ACCIÓN DESTE TIPO...