Acisa Ribadeo realizou máis de 35 actividades de dinamización comercial e hostaleira durante 2018, ademais de colaborar en 15 eventos culturais, deportivos e turísticos, entre outros. Tamén repartiu máis de 8.500 euros en vales de compra.
Papá Noel visitará Ribadeo o vindeiro domingo, 23 de decembro. Estará pola mañá e pola tarde nas inmediacións do Teatro. Acisa anima ás nenas e nenos a achegarse a velo.
As instalacións de Acisa acolleron esta mañá a presentación do viño oficial do Ribadeo FC. Poñeranse á venda un total de 3.000 botellas de albariño, rioja e vermú, que se presentan en caixas de seis.
Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%.
Acisa Ribadeo e Mariña Asesores asinaron nas últimas horas un convenio de colaboración que lles permitirá aos asociados e asociadas do colectivo empresarial contar con asesoramento de balde en cuestións xurídicas ou administrativas e tamén en redes sociais empresariais.
Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas 15.000 bolsas gratuitas para este Nadal. Por segunda vez este ano, a asociación de comerciantes presenta un novo modelo de bolsas.
EL TIEMPO HOY
Ribadeo
nubes
15.6
°
C
15.6
°
15.6
°
58 %
0.7kmh
100 %
Sáb
16
°
Dom
16
°
Lun
15
°
Mar
16
°
Mié
18
°