Os días 9 e 10 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes.
Acisa asinou o convenio anual de colaboración co Concello de Ribadeo para a realización de actividades encamiñadas á promoción e apoio ao comercio e á hostalería ribadenses. A dotación económica ascende a 14.000 euros e servirá para que a asociación empresarial leve a cabo iniciativas positivas para os seus asociad@s e para o conxunto de Ribadeo.
ACISA organiza una charla dirigida a empresarios y autónomos sobre educación financiera, el próximo jueves, 7 de junio, a las 20:30 horas en el salón de actos de la antigua casa sindical de Ribadeo, en Avenida de Galicia, 20.
Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente.
O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XI Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na vila os días 2 e 3 de xuño a un total de 24 equipos.
ACISA FAI UN BALANCE POSITIVO DO XIII TORNEO DE FÚTBOL VETERANO RÍA DE RIBADEO FRANCISCO IRIARTE SUBLIÑA A REPERCUSIÓN ECONÓMICA QUE TIVO PARA A HOSTALERÍA LOCAL E PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DA LOCALIDADE Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo...