Papá Noel e o Carteiro Real visitan Ribadeo gracias a A.C.I.S.A.

357

ACISA RIBADEO CONVOCA O CONCURSO DE DEBUXO E CARTA ORIXINAL QUERIDOS REIS MAGOS

NA CITA PODERÁN PARTICIPAR OS NENOS E NENAS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 0 E OS 12 ANOS. HABERÁ DOUS PREMIOS. OS NOMES DOS GAÑADORES DARANSE A COÑECER NA VIII FESTA DO COMERCIO

Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos no que poderán participar todos os nenos e nenas con idades de 0 ata 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos nenos e nenas dos colexios de Ribadeo, Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, a participar nesta cita e a levar as súas cartas e debuxos ao carteiro real que estará en Ribadeo os días 3 e 4 de xaneiro no Teatro de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.

Papá Noel e o Carteiro Real visitan Ribadeo gracias a A.C.I.S.A.
Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos

Cada participante deberá entregar o seu debuxo ou carta orixinal realizado con calquera material ou técnica. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4 o DIN A3. Os traballos terán que ser entregados no buzón do carteiro real que estará os días 3 e 4 de xaneiro na entrada do Teatro. Para identificar os traballos terán que levar escrito o nome do concurso, o título da obra, o nome e apelidos do concursante, a idade e o teléfono de contacto.

Establécense dous premios e o fallo do xurado darse a coñecer o día 12 de xaneiro na VIII Festa do Comercio. Os gañadores ou gañadoras recibirán dous grandes xoguetes. Os traballos presentados pasarán a ser propiedade de Acisa Ribadeo, quen os utilizará para a súa exposición u outros fins que considere convenientes na promoción de actividades comerciais e culturais.

Papá Noel e o Carteiro Real visitan Ribadeo gracias a A.C.I.S.A.

Tamén estará en Ribadeo Papá Noel. Os nenos e nenas que queiran velo, facer fotos, conversar, etc… poderán facelo o 23 de decembro no Teatro en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Acisa convida a todos os nenos e nenas de Ribadeo e doutros puntos da contorna “a achegarse a esta vila durante o Nadal porque van gozar coa presenza de Papá Noel e do carteiro real, que están desexando poder saudar e abrazar aos máis pequenos e pequenas da casa”.

Estas actividades foron presentadas hoxe polo presidente e polo xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.