DO 4 AO 14 DE XULLO REPARTIRANSE 200.000 RIFAS PARA ENTRAR NO SORTEO DUNHA VIAXE A CUBA PARA DÚAS PERSOAS.
ESTARÁN A DISPOSICIÓN DOS CLIENTES DOS MÁIS DE 130 ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS QUE SE ADHERIRON A ESTA CAMPAÑA, UN DOS PRATOS FORTES DO VI RIBADEO INDIANO.
Máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.
No VI Ribadeo indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.
A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o bo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero, habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén bo desde a Habana a Madrid, o visado a Cuba e o seguro de viaxe.
A axencia de viaxes que proporciona dito premio e Eroski Viaxes de Ribadeo, empresa asociada a Acisa.
Dende a organización agradecen “a colaboración prestada por Estrella Galicia e Banco Sabadell para levar a cabo esta actividade que esperamos sexa un éxito”.
Participar no sorteo é moi sinxelo: as rifas estarán a disposición dos clientes nos establecementos participantes nesta campaña do 4 o 14 de xullo. O único que se ten que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas por dito establecemento e cubertas con nome, apelidos e DNI do cliente, que será quen conserve as rifas no seu poder ata o 14 de xullo, xornada na que de 11:00 a 21:30 horas poderá introducir na urna do sorteo as súas rifas no posto que estará situado na Praziña de San Roque.
O sorteo terá lugar de forma presencial tras a actuación do grupo Compay Segundo no mesmo palco da actuación; collerase unha rifa da urna, e dirase o nome por megafonía dando 5 minutos de tempo para que apareza o premiado; de non aparecer volverase sortear cantas veces faga falta ata entregar o premio. A persoa gañadora deberá acreditar que o seu numero de DNI coincide co da papeleta premiada.
Desde a organización do Ribadeo Indiano advirten que “non serán validas as papeletas sen algún dos datos persoais ou sen o selo do establecemento”.
As bases do sorteo e o listado de establecementos adheridos están dispoñibles na web e redes sociais de Ribadeo Indiano e Acisa Ribadeo. Tamén figurarán na rifa e no cartel identificativo dos establecementos participantes, as normas básicas.
Os establecementos adheridos son os seguintes:
- Hotel Eo
- La Solana
- Restaurante a Mirandilla
- Hotel – Restaurante Javier Montero
- Gasolinera El Jardín
- Porta Norte
- Náutico
- Hotel Fogar do Mariñeiro
- Restaurante Mariñeiro
- Hotel Mi Norte
- Casa Fandin
- Parque Recreativo Labirinto Costa Mariña
- Hotel Restaurante O Cabazo
- Bar Portillo
- Viajes Eroski
- Galcarpi
- Fraiz Informática
- Café Bar Madison
- Oviedo Bar
- Apartamentos Turísticos Escuder
- Merceria y Concepcion Susana Moreira
- Rosalar
- Siñeiro Hogar
- Adele
- Phone House
- Bolsos Núñez
- Xardineo
- Manteleiro
- IMAG_N 365
- Óptica Miró
- Bar de Noa
- El Rincón del Gordo
- Opticalia Ribadeo
- Centro Auditivo Global
- Beep Ribadeo
- A Mariña Asesores
- Terra Branca
- Bis A Bis
- Galipizza Ribadeo
- Folder
- La Coqueta
- Manhattan
- Texturas Galegas
- Malo Será
- Xeito Decoración
- Pequerrechos
- Castillo de Pesca
- Bora Bora
- O Tumbin
- Faro Norte Comunicación
- O Lar de Manolo
- Naná Tienda
- Don Zapato
- Ferreteria Morán
- Hotel Casona Lazúrtegui
- Boutique Peluqueria y Estética
- Bar Estopa
- Ribanzo Pub
- Serviocio
- Sendín Electricidad
- Hotel Restaurante Costa Verde
- Óptica Duovisión
- Hotel Loriente / Cayo Coco
- Hotel Mediante
- Hostal Churrería Linares
- PVI Seguros
- Bar Cienfuegos
- Bimba 13
- Plateria Gutié
- Nina
- A Ribeira
- Con Sentidiño
- Paquetaría Mercería Vizcaya
- Queimada
- Volvoreta
- Marcelota
- Panaderiía Torviso
- La Floristeria
- Din & Don
- Glass
- Farfala
- Óptica Carreira
- Anais
- Mercería Torviso
- Calzados La Moda
- Sargadelos Ribadeo
- R23
- Don Zapato
- La Moda Básico
- Lencería Julia
- La Moda Sport
- Farmacia Álvarez Lebredo
- Esprit
- Peluqueria Slaloms
- Boutique Valentina
- Foto Miguel
- Dándara
- Boutique del Río
- Cafeteria La Lira
- Jatay
- Trece Eventos
- Coco
- Delicates
- Manualidades Marta
- Panificadora del EO
- Tien-21
- Sanjurjo Moda
- Mareta
- Taberna de Antón
- Peineta
- La Botellaría
- Saia
- Bar San Roque
- Antigüedades Luz
- El Mundo del Pintor
- Ginzo Hombre – Mujer
- O Indiano Ribadeo
- Mika
- Mesón Morriña
- Confitería la Alianza
- Gráficas Ribadeo
- Rotugraf
- Álvarez Real
- O Alen
- Outel 19-19
- La Brisa
- Joyería Azabache
- Bar Galicia
- Inmoriba
- Logo Design Studio
- Restaurante A Dorada Do Cantábrico
- Deportes Docobo.
Ademais esta mesma semana Acisa Ribadeo, como parte da organización, dota de material decorativo gratuíto a todos seus comercios e hostaleiros asociados e de vasos do Ribadeo Indiano para aqueles que os quixeron comprar. A asociación aínda dispón de vasos para vender a 0.15 céntimos a unidade.