Presentado o programa do VIII Ribadeo Indiano, que se celebrará do 7 ao 9 de xullo. O alcalde, Dani Vega, destaca a calidade das actividades “dun evento para toda a familia”.

88

Presentado o programa do VIII Ribadeo Indiano, que inclúe
charlas, visitas teatralizadas, obradoiros de baile, os haigas, o mercado de produtos de
ultramar, o mercado da horta, xincana ou verbenas. Do 7 ao 9 de xullo desenvolverase
un amplo abano de actividades para todos os públicos co obxectivo de render
homenaxe á emigración.

O alcalde, Daniel Vega, declarou que “comezou a conta atrás do VIII Ribadeo Indiano,
que ven quentando motores durante todo este mes de xuño, con varios obradoiros e
coa inauguración onte na casa indiana de Don Gonzalo de Bedoya dunha exposición de
arte cubano contemporáneo. E hoxe teremos tamén unha charla relacionada con esta
mostra”.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a partires de aquí a vindeira semana
engalanaremos, como se merece, a nosa vila para a celebración do 7 ao 9 de xullo do
oitavo Ribadeo Indiano, que arrincará o venres coa presentación e co pregón no Teatro
a cargo do escritor e xornalista Santiago Jaureguizar. O programa, que xa se atopa na
páxina oficial e nas redes sociais do Ribadeo Indiano, inclúe visitas teatralizadas, paseos
polo legado indiano da nosa vila, pero tamén de Rinlo, de Vilaframil ou da Devesa.
Haberá charlas, teremos a chegada dos haigas, a xincana, o mercado de produtos de
ultramar, o mercado da horta, torneos de petanca, obradoiros de baile e o tradicional
xantar campestre na Devesa”.

Saiz dixo que “a música estará moi presente. Ademais do Festival de Habaneras e do
concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo contaremos coa presenza de grupos
de tanto renome como o Septeto Santiaguero, que ten varios grammys no seu haber ou
o grande concerto que ofrecerá Eliades Ochoa, un dos soneros cubanos máis
importantes de todos os tempos”.

O alcalde, Daniel Vega, engadiu que “a organización do Ribadeo Indiano deseñou unha
ampla programación para o goce de todos os públicos, desde os máis pequenos e
pequenas da casa ata os máis maiores. Este é un evento para toda a familia”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o Ribadeo Indiano é un
importante evento cultural co que esta vila rende homenaxe á súa emigración. É unha
cita moi importante para a dinamización da economía local. Sabemos que hai hoteis co
cartel de completo colgado. Sabemos que as casas de comidas contan con reservas
feitas desde hai máis de dous meses. Sabemos que a estes alturas hai moita expectación
e que todos estamos xa metidos de cheo na oitava edición do Ribadeo Indiano, que
culminará o 9 de xullo no barrio de San Roque co concerto do grande Eliades Ochoa e co
sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas”.

Cruzado Iglesias manifestou: “agardamos que os ribadenses e os milleiros de persoas
que eses días van pasar por Ribadeo gocen de cada unha das actividades do programa
deseñado para este 2023”.