Preto dun cento de persoas asistiron á XI Gala de Acisa, que se celebrou a pasada noite no Parador de Turismo de Ribadeo.
No evento foron varias as persoas e empresas galardoadas. Josefa Abelleira e César López, nai e fillo, de Gasóleos Abelleira/Gasolina El Jardín, recibiron o recoñecemento ao relevo xeracional. Mini López-Santos e Nacho Oñate, de Bis a Bis, recibiron o galardón como negocio emblemático, que pechou as súas portas tras unha andaina de 40 anos. O galardón á vida empresarial foi para Juan Fernández Andina, que estivo á fronte de Eureka Kids primeiro e de R23 despois. O galardón a toda unha carreira recibiuno Mª del Carmen Mon, de Pequerrechos. Gasóleos Abelleira, Bis a Bis e Pequerrechos son e foron socios de Acisa Ribadeo desta a súa creación hai 36 anos. E o galardón ribadense do ano correspondeulle ao xornalista Fabián Pérez Rego, en recoñecemento á súa traxectoria profesional en medios audiovisuais estatais e polo seu apoio ás iniciativas para a promoción de Ribadeo. Todos recibiron unha figura conmemorativa e un ramo de flores, que lles entregaron as directivas e os directivos da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Interviñeron no acto o deputado da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade, Dani García, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Asistiron, entre outros, á XI Gala de Acisa o deputado autonómico Daniel Castro, o portavoz do BNG no Concello ribadense, Pablo Vizoso, a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, representantes das Acias de Foz e de Burela cos seus presidentes á cabeza, José Carlos Paleo e Eva Luaces, así como das firmas patrocinadoras e colaboradoras do evento: BeOne, Gestión Gratelu, Talleres Cardi, Mariña Asesores, Limpezas Lema, Iriarte Artes Gráficas, Kids&Us, Mariscos Ribadeo, Marinero, Anel, Atleet Ribadeo, Paradores, Aquí Diario e Castillo San Damián.
Desde Acisa agradecen “a participación e asistencia á XI Gala, un evento que serviu para render homenaxe, e para cambiar impresións e vivencias sobre os sectores do comercio, da hostalería e dos servizos”.




















