EN RIBADEO CELEBROUSE O PRIMEIRO SORTEO DA CAMPAÑA DA FCAM, QUE REPARTIU 1.500 EUROS VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A ACISA
A carpa da Federación de Comercio A Mariña, instalada na rúa San Francisco, acolleu na tarde-noite de hoxe o primeiro sorteo de 1.500 en vales de compra da campaña da FCAM que daba comezo o pasado 24 de setembro e que concluirá o 11 de novembro.
As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada do sábado os clientes do comercio ribadense as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en Ribadeo do 24 ao 30 de setembro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compras, divididos nun total de 8 premios.
Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:
Premios de 100 euros:
- 32929 David Molejón, de Ribadeo.
- 32125 Gardenia Severino, de Ribadeo.
- 33362 Leticia Perez, de Ribadeo.
- 32440 Rubén Cancelo, de Ribadeo.
- 32462 Yuri López, de Ribadeo.
Premio de 200 euros:
- 33110 Celia Teijeiro, de Ribadeo.
Premio de 300 euros:
- 32114 Rafa Ares, de Ribadeo.
Premio de 500 euros:
- 33001 David Molejón, de Ribadeo.
Varios membros da directiva de Acisa foron os encargados de entregarlles os premios aos gañadores. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos agradece “ao noso comercio a súa participación nesta campaña da FCAM e aos seus clientes a súa fidelidade con Ribadeo e coas súas tendas”.