RESPECTO A POLITICA LINGÜÍSTICA DE A.C.I.S.A. RIBADEO

Son poucas as veces que esta asociación recibe queixas sobre o uso do galego ou do castelán no seu que facer diario, de feito poderíanse contar cos dedos dunha man, tanto os que lexitímanmete se queixan de que usamos demasiado o galego coma os que se queixan de que usamos demasiado o castelán.

Cabe destacar que a gran maioría escúdanse no anonimato que lles ofrece internet, quizás é que non se atreven a facelo a cara ou que non terán demasiada razón no que nos din.

Dende a presidencia e a xerencia da asociación creemos oportuno deixar clara a nosa postura, para evitar ter que ver despois certas publicacións un tanto manipuladas, queremos deixar claro tamén a través deste escrito que A.C.I.S.A. Ribadeo é unha entidade apolítica, co que vamos intentar tratar este tema sen entrar nese aspecto, que por certo é o que se denota da maioría dos comentarios que nos chegan, o desexo de usar a defensa das linguas ou o uso das mesmas como un tema político, algo lamentable.

A.C.I.S.A. Ribadeo e unha asociación privada, na que son os socios, a súa xunta directiva e a xerencia, quenes toman as decisións e marcan cales son as liñas de traballo.

Como entidade privada, esta na nosa decisión o uso do idioma que creemos necesario para levar a cabo a nosa actividade. Como entidade privada que co-financiase de axudas publicas esta na nosa obrigación manter o uso de certos idiomas nas actividades que desenvolvemos que van con cargo a ditas axudas.

Para aclarar conceptos; tódalas publicacións; escritos, carteis, cuñas de radio, contido da paxina web… saen da nosa xerencia, seguindo os criterios establecidos pola lei (no caso das actividades que van con cargo as subvencións), polos criterios básicos de marketing e comercio e polos criterios de política de publicidade da asociación. Aclaramos tamén que nós non controlamos os medios de comunicación, polo que non podemos controlar se unha noticia é publicada en galego ou en castelán como tamén se nos criticou.

Sobre a nosa paxina web e redes sociais: Quen dedique un pouco de tempo verá como na nosa paxina web as publicación de noticias realízanse tanto en galego coma en castelán, no espazo de asociados, son os propios socios os que teñen a liberdade de mandarnos a información no idioma que desexen que se publique.

A nosa paxina web Nun 60 % esta en castelán, algo que para nos e lóxico, partindo da base tamén lóxica, de que debería de estar non so en castelán e en galego, se non en inglés, francés, alemán… pero iso implica un coste para unha asociación coma a nosa imposible de facer fronte.

Nas redes sociais sucede o mesmo, as publicacións realízanse tanto en galego como en castelán, so hai que votar un ollo os post que se publican para velo, pode haber unha imaxe con texto en galego e no post poñer o texto en castelán.

Chegóusenos a dicir que; “unha web so en castelán e algo anacrónico e trastempado”, tamén, que “as estratexias comerciais para o fomento do consumo de proximidade pasan por usar a lingua de proximidade”, tamén que “ ACISA debería reflexionar sobre se é unha boa idea pedir compromiso co comercio local nun idioma de fora”; (queremos supoñer que non se referiría o castelán como un idioma de fora) xa que ata o de agora tanto o galego como o castelán son idiomas oficiais en Ribadeo, por certo idiomas a os que esta asociación ten o maior dos respectos, a ambos sen a necesidade de facer diferencias.

Pois ben, quizás noutra poboación no interior de Galicia esas afirmacións poderiámolas aceptar, pero no noso caso, en Ribadeo, vívese da caída turística e dos visitantes habituais de Asturias, Pais Vasco, Cantabria e Madrid maioritariamente, tamén do resto de Comunidades Autónomas (onde se fala castelán), ademais de A Mariña Lucense, Lugo capital e Coruña (onde se fala galego e castelán), esas afirmacións non teñen validez algunha, non so por iso, se non porque si se analiza co mesmo detalle que se analizou a nosa paxina web e redes sociais, ós comercios, os bares e hoteis, verán que as comunicacións son predominantemente en castelán e noutros idiomas coma o inglés, e quenes levan abertos mais de 10, 20, 30 anos non deben de estar moi equivocados no que significa e no que se necesita para buscar apoio o comercio local.

Aquel que entenda que o comercio local é so o que escribe e fala en galego non ten en absoluto idea do que é defender o comercio local, xa que dar apoio o pequeno comercio vai mais alo de ideas políticas, tratase de defender postos de traballo e de riqueza, créanos, se por uso do idioma fora usariamos tódolos idiomas do mundo co fin de que a xente veña mercar a Ribadeo.

Póñensenos exemplos de paxinas web que están en galego ou que o teñen como opción, pois ben, porque non se lle vota un ollo as paxinas web dos dous periódicos predominantes na provincia, a ver cal e o idioma que aparece por defecto, a web do principal banco galego de referencia, de outros CCA de Galicia, de grandes supermercados galegos e non digamos das paxinas web das multinacionais téxtil galegas, dedíquenlle tempo e poderán ver como ou so se utiliza o castelán ou se utiliza o castelán como idioma principal e se da a escoller outros.

Quizás quenes levan as estratexias de comunicación de estas empresas teñen o propósito de chegar a canta mais xente non a canta menos, e repetimos se económicamente puideramos poñeriamos a nosa web en tódolos idiomas posibles.

Tamén fíxosenos chegar que; “a web de unha asociación de comerciantes de Galicia quita clientes, quita cartos”, supoñemos que quen o dixo pode contrastalo con algún estudo, desde logo se a maior industria téxtil galega usa a súa paxina web en castelán, creo que ese argumento caese polo seu propio peso, así como que o 80% dos nosos asociados usen o castelán como lingua principal o seu argumento caese aínda mais.

“É patético pretender fomentar o consumo local na lingua de fora”, chegóusenos a dicir; como xa dixemos esta asociación como calquera outra coa que consulte, non utiliza ningunha lingua para fomentar o consumo local, xa que non e a función dunha lingua, precisamente polo feito de que as asociacións de comerciantes temos o deber de estar o marxe da política, cousa que se tende a facer por parte de xente co uso da lingua; como mostra diso so fai falta ler a expresión “lingua de fora” referíndose o castelán, para a asociación de comerciantes de Ribadeo o galego e tan noso coma o castelán e viceversa e debémoslle o mesmo respeto a ambas linguas.

Quen di que non usamos o galego para fomentar o consumo local, animámolo a visitar o arquivo da asociación onde esta todo o material, de carteleria, rifas, tarxetas, mapas… editado completamente en galego o igual que (en contra dos criterios lóxicos de publicidade), as insercións en prensa escrita (anuncios nos periódicos), como as cuñas de radio… fanse en galego, as marquesiñas publicitarias que están pola nosa vila, usan o galego, calquera material que se entrega aos asociados, entrégase en galego…

Deste xeito pretender acusar a esta asociación de un uso discriminatorio para co galego parécenos canto menos arriscado, xa que no global de toda a actividade comunicativa que fai A.C.I.S.A. mais do 75 % esta en galego, algo que por certo non nos avergonza en absoluto.

Para rematar, o fomento do consumo local non é unha cuestión de lingua, se non de habito de consumo, de facerlle ver a cidadanía da importancia que ten mercar no pequeno comercio, no que xera riqueza e empregos no seu pobo, sexa en galego ou en castelán, sexa de cartos “dos de aquí ou dos de alí”, xa que para pesar de unhos poucos, Ribadeo vive do turismos e dos cartos que deixan os turistas, xa que por desgraza non contamos con grandes industrias que xeren postos de traballo suficientes como para poder vivir do consumo unicamente dos nosos habitantes, algo que para nos tamén é unha pena, o fomento do consumo de proximidade, polo menos dende esta asociación, é traballar por e para os nosos asociados, creando campañas e eventos que animen a galegos e non galegos a vir a Ribadeo a mercar nos nosos establecementos e que non merquen por internet ou en grandes areas comerciais.

E xa si rematamos, esta asociación pode garantirlle que quen decide cal debe de ser a política lingüística de cara os nosos asociados, e de cara os clientes dos mesmos, o xerente da asociación, así coma os membros da directiva e a totalidade dos socios da asemblea; de estudos de mercado leen e saben un pouco, así coma de publicidade e marketing, se non, non serian empresarios, algúns con mais de 40 anos de experiencia.

Dende a asociación esperamos aclarar mediante este escrito calquera inquietude xerada ou que se xere no futuro co idioma que utilizamos para a realización do noso traballo.