Ribadeo acollerá a segunda edición do RibaXogo do 23 deste mes ao 8 de xaneiro na gran carpa instalada no parque de San Francisco

145

Ribadeo acollerá a segunda edición do
RibaXogo. Será do 23 de decembro ao 8 de xaneiro na gran carpa instalada no
parque de San Francisco. Os tíckets para acceder poderán conseguirse en
comercios, en establecementos hostaleiros e de servizos, en calquera
micropeme ou pequena empresa de Ribadeo, de calquera sector, despois de ter
feito unha compra ou de ter consumido por un importe superior a 5 euros.
O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou
que “esta iniciativa chega, por segundo ano a Ribadeo para desfrutar do Nadal
dun xeito diferente e tamén para animar as vendas e dinamizar o comercio local,
precisamente nestes momentos de maior actividade”. RibaXogo enmárcase
dentro da programación de Nadal deste 2022, que coorganizan o Concello e
Acisa.

Vizoso dixo que “en RibaXogo haberá numerosas atraccións para nen@s e
rapaces de todas as idades: haberá surf interactivo, rodeo e barre-roko, tren…
haberá sempre seis actividades en marcha, algunhas serás fixas, é dicir estarán
todos os días e outras irán cambiando. E contaremos con ludoteca na que se
desenvolverán diferentes tipos de obradoiros”.

O edil ribadense indicou que “ao RibaXogo hai que sumarlle toda a
programación de Nadal organizada polas Concellarías de Cultura, Deportes e
Mocidade, entre outras. Neste caso as actividades para as máis pequenas e os
máis pequenos arrincan este domingo pola tarde, coa visita da Apalpadora;
teremos un ciclo de Cine no Nadal do 26 ao 29 de decembro; haberá actividades
deportivas e xornadas lúdicas no pavillón; haberá teatro e tamén se celebrará a
XXXII San Silvestre. Todo esta programación atoparase nas redes sociais do
Concello, na web e iremos dándoa a coñecer pouco a pouco a través dos
medios de comunicación”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, apuntou que “pola carpa do RibaXogo
pasarán Papá Noel o 24 de decembro pola mañá e o Apalpador o 31 de
decembro tamén pola mañá. Todas aquelas nenas e nenos que queiran velos,

fotografarse con eles, conversar, etc… o único que teñen que facer é achegarse
pola carpa de 12 a 14 horas eses dous días”.

Cruzado Iglesias subliñou que “queremos insistir tanto desde o Concello como
desde Acisa que a entrada ao RibaXogo é de balde. O único que se debe
presentar para acceder é o tícket que lles darán nas empresas, de calquera
sector, que se adhiran a esta iniciativa. As asociadas e os asociados a Acisa
Ribadeo súmanse na súa totalidade e logo as demais empresas o que teñen
que facer é achegarse ata o 23 de decembro polas oficinas de Acisa en horario
de 9:30 a 14:00 horas para recoller os tíckets, que despois distribuirán entre a
súa clientela. E do 23 de decembro en adiante os tíckets estará á súa
disposición na Área de Desenvolvemento Local do Concello no mesmo horario”
O edil ribadense contou que “RibaXogo estará aberto todos os días desde o 23
deste mes ata o 8 de xaneiro, excepto o 25 de decembro, o 1 e o 6 de xaneiro.
xaneiro. Unha das novidades deste ano é que o 8 de xaneiro faremos unha
xornada de libre acceso, é dicir non fará falla presentar tícket”.
Pablo Vizoso subliñou que “RibaXogo é unha iniciativa coa que se pretende
atraer a nenos e nenas, rapaces e rapazas de todas as idades porque hai
diferentes atraccións e actividades que lles encantan desde os mais pequenos e
tamén so que xa non son tan pequenos, tanto de Ribadeo como de toda a
contorna. Por iso animamos á nosa veciñanza e tamén á doutros concellos tanto
da Mariña como de Asturias, a que se acheguen á nosa vila durante o Nadal
porque a oferta lúdica, de ocio e cultural que van atopar é moi interesante”.
A presidenta de Acisa engadiu que “outra vez máis a colaboración do Concello e
Acisa, cada un dentro das súas posibilidades, volve poñerse de manifesto neste
caso polo Nadal. O que queremos é facer de Ribadeo o centro destas
entrañables festas para a Mariña de Lugo e o Occidente asturiano. Agardamos
que RibaXogo sexa do agrado de todos os ribadenses e visitantes e que
contribúa á dinamización do comercio, da hostalería e da totalidade do
empresariado de Ribadeo”.

O RibaXogo foi presentado esta mañá a carón da carpa no que estará instalado.

BASES RIBAXOGO

SOLICITUDE DE INSCRICION RIBAXOGO