Ribadeo participará os días 20 e 21 de setembro no “I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo”, que se celebra en Lloret de Mar

160
I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo

RIBADEO PARTICIPARÁ OS DÍAS 20 E 21 DE SETEMBRO NO I FORO INTERNACIONAL DE MUNICIPIOS INDIANOS E PATRIMONIO POSCOLONIAL EUROPEO, QUE SE CELEBRA EN LLORET DE MAR.

Ribadeo estará presente no I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo, que terá lugar en Lloret de Mar os días 20 e 21 setembro. Alí darase a coñecer o Ribadeo Indiano.

Unha delegación formada pola concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio, Ana Martínez, o vicepresidente de Acisa, Juan Antonio Fernández Andina, o xerente de Acisa, Jesús López, e a responsable da oficina de turismo de Ribadeo, Begoña García, viaxan cara ese municipio catalán para participar neste evento.

A delegación ribadense dará a coñecer o seu legado indiano e o seu evento histórico cultural máis importante, o Ribadeo Indiano, a través dunha ponencia onde relatará a experiencia vivida ao longo destes 5 anos.

I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo

Desde a organización do Ribadeo Indiano sinalan que “como é sabido, é un evento consolidado a nosa festa indiana. Así, tense celebrado neste 2018 a súa quinta edición acadando un gran éxito de asistentes e público implicado. Esta cita estase a converter nun referente a nivel galego, sendo un dos eventos histórico culturais máis relevantes do país en canto a representatividade histórica deste período modernista. Chegados ata este punto, creemos necesario dar un paso máis e promocionar este evento a nivel internacional, polo que consideramos un boa oportunidade asistir ao I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo”.

E engaden que “este evento está organizado pola Xarxa de Municipis Indians de Catalunya (http://www.municipisindians.cat/ca), entidade que tomou a iniciativa de constituír unha Rede Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo, que sirva para obter a Mención de Itinerario Cultural do Consello de Europa para o conxunto de sitios e cidades relacionados co Patrimonio Poscolonial europeo, exemplificado no noso país polo denominado Patrimonio Indiano (como o Camiño de Santiago, ruta dos viquingos, ruta europea dos cemiterios, ruta dos fenicios, etc.. ). Así, a través desta Rede Internacional impulsarase a preservación e difusión da memoria histórica e as culturas coloniais retornadas ás metrópoles europeas, aglutinaranse iniciativas e o traballo de todos os axentes europeos interesados na temática das migracións europeas e o seu posterior impacto cultural, económico e social”.

Máis info: www.municipisindians.cat

I Foro Internacional de Municipios Indianos e Patrimonio Poscolonial Europeo