
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da
Xunta, Jose González, visitou hoxe Ribadeo e achegouse a algún establecemento
comercial asociado a Acisa. Xunto a el estiveron a presidenta e o xerente do colectivo,
Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de
Comercio, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra.
O conselleiro quixo poñer en valor xunto con Acisa a campaña do Bono Activa Comercio
da Xunta, á que a día de hoxe hai preto de sesenta negocios locais adheridos, dos que a
maioría son socios da asociación ribadense. O conselleiro animou a clientes e comercios
a aproveitar esta nova edición do Bono Comercio.
Acisa agradece a visita de Jose González e o apoio da Dirección Xeral de Comercio e da
recentemente estreada Consellería de Comercio ao colectivo empresarial ribadense:
“agradecemos que contaran con Acisa Ribadeo para presentar e poñer en valor esta
nova edición do Bono Activa Comercio na Mariña e especialmente que a primeira visita,
fora en Ribadeo e a un dos nosos asociados: Ohana. Cremos que isto di moito nun dia
coma o de hoxe, no que conmemoramos os nosos 35 anos de vida. Esta vista reforza a
Acisa como unha asociación referente para as administracións e por suposto, e máis
importante, a Ribadeo como referente comercial en Galicia”.
E engaden: “expresámoslle tamén ao conselleiro o agradecemento polas axudas que
periodicamente recibimos da Xunta así como o noso desexo de mantelas e no posible
aumentalas nos vindeiros meses. As asociacións empresariais precisamos do apoio e da
colaboración das administracións para seguir organizando actividades e facendo entrega
de materiais gratuítos ás nosas asociadas e asociados”.