ACISA SORTEARÁ 10 CEAS PARA DÚAS PERSOAS CADA UNHA NA SÚA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN

OS AFORTUNADOS E AFORTUNADAS PODERÁN GOZAR DOS SEUS PREMIOS O 24 DE FEBREIRO

SABOREA O AMOR ARRINCA ESTE VENRES

Saborea o amor | San Valentín 2018

Saborea o amor así se denomina a campaña de San Valentín que pon en marcha Acisa do 2 ao 14 de febreiro, co obxectivo de dinamizar o comercio local. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados durante estes días terán a oportunidade de gañar unha cea para dúas persoas.

Os participantes no sorteo das dez ceas para dúas persoas deberán ser maiores de idade, e ao realizar as súas compras nos comercios asociados a Acisa Ribadeo deberán cubrir a papeleta que lles facilitará o traballador ou traballadora do establecemento, que se encargará de gardalas ata que finalice o prazo para participar.

O día 15 de febreiro entregaranse por parte dos comercios as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa Ribadeo sita na Avenida de Galicia 20, 2ª planta. E o 16 procederase a efectuar o sorteo das dez ceas para dúas persoas que se disfrutarán o 24 de febreiro de 2018 nos restaurantes doadores das mesmas que son A Quinta, Parador de Turismo, O Indiano, San Miguel, Galicia, La Solana, Prohibido, O Cabazo, Costa Verde e Marinero.

Acisa púxose en contacto con estes establecementos hostaleiros que doaron as ceas, establecendo o número máximo en 10. Segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo “outros asociados tamén mostraron a súa vontade de colaborar con nós polo que reservámolos para outras campañas co fin de que todos teñan a oportunidade de participar neste tipo de iniciativas”.

O sorteo da campaña de San Valentín realizarase nas instalacións de Acisa Ribadeo sacando da furna as papeletas e posteriormente notificaráselle ao gañador mediante chamada telefónica. As ceas sortearanse individualmente e os premios non son acumulativos. Os/as afortunad@s deberán pasar polas oficinas de Acisa entre os días 19 e 22 de febreiro para recoller o vale que lles permita disfrutar da cea.

Presentación Saborea o amor | San Valentín 2018 | David Martínez | Presidente de A.C.I.S.A. Ribadeo

Desde Acisa animan “a facer as compras de San Valentín e as compras do Entroido, disfraces, telas, pinturas, complementos… no comercio de Ribadeo. Aquí temos de todo, non precisamos buscalo fora da nosa vila. Os que merquen nos locais asociados que lembren que entrarán no sorteo das 10 ceas que faremos o 16 de febreiro”.

pdf Descargar as bases do concurso Saborea o amor | San Valentín 2018 en formato PDF (346KB)

Saborea o amor | San Valentín 2018