Segue aberto o prazo de inscrición nos cursos de inglés para persoal do comercio e a hostalaría

42

Segue aberto o prazo de inscrición nos cursos de inglés para persoal do comercio e da hostalería, organizados por Acisa e pola Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.

Carmen Cruzado, a presidenta de Acisa, explicou que “ata o próximo dia 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de inglés para comercio e hostalería, que organizamos dende Acisa e a EOI de Ribadeo. Esta iniciativa nace coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés especifico para todos eles. E o que pretendemos é dar un novo servizo dende a nosa entidade. Trátase de ofrecer formación en idiomas dun xeito técnico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende fai anos”.

Cruzado Iglesias subliñou que “temos que destacar que dende Acisa estamos moi satisfeitos coa acollida, xa que moitos traballadores mostraron interese neles. De feito, son poucas as prazas que quedan vacantes neste período de matricula de setembro, polo que aqueles que estean interesados en apuntarse, recomendámoslles que o fagan o antes posible”.

A presidenta de Acisa indicou que “si o que queremos é ofrecer un mellor servizo aos visitantes estranxeiros que se achegan a Ribadeo a mellor maneira de facelo é poder entenderse con eles nun idioma como o inglés. A formación é riqueza e por iso desde Acisa nos parece moi interesante afondar na materia. De aí que animemos a asistir a estes cursos para os que xa quedan moi poucas prazas”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez lembra que “este proxecto contempla dous cursos diferentes, ambos de aprendizaxe de inglés, pero en dous niveis. O básico A2 para aquelas persoas que necesitan iniciarse no inglés, e o nivel intermedio B1 para aqueles que xa teñen coñecementos previos deste idioma. Estes cursos de 60 horas cada un, desenvolverase de setembro a maio”.

Pérez Prada engadiu que “o curso de iniciación será impartido os luns de 20:00 a 22:00 horas e o de nivel intermedio os mércores tamén de 20:00 a 22:00 horas. Para inscribirse solo hai que presentar o DNI, o impreso de matricula e aboar unicamente as taxas correspondentes. O prazo de matricula estará aberto ata o 15 de setembro. As persoas interesadas poden obter toda a información necesaria ou consultar calquera dubida na web https://www.edu.xunta.gal/centros/eoiribadeo/ escribir o maileoi.ribadeo@edu.xunta.gal ou chamar o 982 129 657”.

O xerente de Acisa engadiu que “é importante destacar que este curso está aberto a todo o mundo, a calquera persoa que estea traballando nalgún comercio, bar, restaurante, hotel… O que teñen que saber é que o temario estará completamente dirixido a facilitar os coñecementos necesarios para desenvolverse con maior soltura en inglés nos seus postos de traballo, tanto do sector comercial, do hostaleiro e tamén dos servizos”.