Sorteados e entregados os premios da campaña Agasalla a Papá con Acisa Ribadeo

14

As instalacións de Acisa acolleron onte o sorteo dos premios da campaña do día do pai e esta tarde a entrega dos mesmos ás persoas afortunadas.

Marian Valea, de Ribadeo, por unha compra en Xeito Decoración, e Thalía Gómez, de Barreiros, por unha compra en Naná, foron as gañadoras das estancias dunha noite no Hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, e visita a Bodegas Docampo.

E Soledad Cereigo, de Ribadeo, por unha compra en Mariscos Ribadeo, e Marita Villamil, de Ribadeo, por unha compra en Grisi, foros as gañadoras dos almorzos para dúas persoas en Mareta.

O sorteo, non presencial, tivo lugar onte nas instalacións de Acisa Ribadeo e os premios foron entregados esta mesma tarde. No acto participaron a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradecen “a fidelidade no comercio local ribadense unha vez máis”. A campaña de Día do Pai Agasalla a papá con Acisa Ribadeo, na que se cubriron as preto de 10.000 rifas, tivo lugar entre o 12 e 25 de marzo nos comercios asociados a Acisa.

San Patrick’s Days

Dende Acisa Ribadeo recordan que “os premios da campaña dos San Patrick’s Days aínda non foron reclamados. As rifas agraciadas foron a 521, á que lle corresponde o premio de La Solana; a 1986, afortunada co agasallo de Kummel; e a 1682, que gozará dunha cea no San Miguel. As persoas afortunadas dispoñen ata o 31 de marzo para reclamar os seus premios. En caso de non aparecer quedarán desertos”.