Acisa Ribadeo desenvolverá a súa campaña de San Valentín entre os días 2 ao 14 de febreiro. Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade.
ACISA Ribadeo continúa coa organización da súa VII Gala, que se celebrará o 16 de marzo. O evento será conducido polo monologuista Javi González. O prazo para a retirada das tarxetas remata o día 15.
Na asemblea xeral ordinaria de Acisa, celebrada onte á noite, foron convocadas oficialmente as eleccións para proceder á renovación da xunta directiva. O proceso electoral ábrese o 1 de marzo e o día 12 dese mes ás sete da tarde deberán estar inscritas as candidaturas participantes neste proceso.
O próximo 16 de marzo terá lugar a VII Gala de Acisa. Será no Parador de Turismo de Ribadeo a partir das 21:30 horas.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies