10.3 C
Ribadeo
29 marzo 2024
Inicio Etiquetas Comercio local

Etiqueta: comercio local

Segunda edición da Pancha, a nosa moeda local para dinamizar a...

O Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa, a Deputación de Lugo e ABanca pon en marcha a segunda edición da Pancha, a nosa moeda local para dinamizar a economía local e dar liquidez aos sectores máis afectados pola crise sanitaria da Covid19.

ACISA Ribadeo incorpora a partires do vindeiro luns, 21 de setembro,...

Acisa Ribadeo incorpora a partires do vindeiro luns, 21 de setembro, unha nova traballadora á súa plantilla. O contrato enmárcase no programa de axudas á contratación para organismos intermedios da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.

ACISA Ribadeo pon en marcha unha campaña dirixida á veciñanza do...

ACISA Ribadeo lanza unha nova campaña que dará comezo mañá, 3 de setembro, e que está enfocada a atraer aos clientes habituais tanto do municipio como das comarcas da Mariña e do occidente asturiano. Os establecementos participantes ofrecerán importantes descontos e promocións os días 3, 4, 5 e 6 de setembro.

ACISA Ribadeo sorteará o martes, 1 de setembro, dúas tablets de...

ACISA Ribadeo sorteará o martes, 1 de setembro, dúas tablets de última xeración entre os usuarios da APP Ribadeo cerca de ti, que xa se lanzou a principios deste mes de agosto.

ACISA presenta un novo vídeo promocional dentro da campaña Ribadeo Seguro

Acisa presentou un novo vídeo promocional, dentro da campaña Ribadeo Seguro, no que salienta a calidade e seguridade dos establecementos asociados. A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende ademais axudar á promoción turística do concello no que resta de ano, apostando deste xeito pola desestacionalización.

O 65% do comercio asociado a Acisa abrirá as súas portas...

Desde a directiva de Acisa sinalan que “aqueles que se acheguen a Ribadeo esta fin de semana poderán, entre outras cousas, aproveitar para facer as súas compras no noso comercio asociado. O 65% dos locais comunicáronnos que abrirán as súas portas o 15 de agosto, que é festivo nacional. Xa o domingo, como é habitual, estarán abertos o 100% dos locais. O 16 de agosto é o Día de San Roque, copatrono de Ribadeo, e ao coincidir en domingo esta celebración o festivo pasouse para o martes de Entroido. Entón, insistimos en que o vindeiro domingo todo funcionará con normalidade en Ribadeo”.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies