Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell.
No bar Galicia, de Ribadeo, foi repartida a papeleta co nº 25.301 da campaña de fidelización Acisa Quérete, que se desenvolveu do 1 ao 16 deste mes de xuño.
Ribadeo acollerá os días 1 e 2 de xuño o II Torneo Cadete, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na localidade a 16 equipos procedentes de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela-León.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos locais asociados a Acisa do 1 ao 16 de xuño obterán as papeletas que lles permitirán entrar no sorteo desa paga extra de 300 euros. A que coincida co número da ONCE do 16 de xuño será a agraciada con ese premio en vales de compra de Acisa Ribadeo”.
Acisa Ribadeo e o Grupo Valcarce firmaron nas últimas horas un convenio de colaboración con condicións beneficiosas para os asociados e asociadas á patronal.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies