3.9 C
Ribadeo
29 marzo 2024
Inicio Etiquetas Comercio local

Etiqueta: comercio local

Mapas turísticos

Acisa Ribadeo repartiu editou 25.000 mapas turísticos, dos que o 75% da foron distribuídos entre os hoteis asociados. Co lema Paseando por Ribadeo estes folletos realizan unha ruta polos lugares máis emblemáticos do concello. Ademais inclúen un listado con todos os establecementos socios da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

Entrega de premios aos gañadores da campaña “A túa fidelidade ten...

Nas novas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, sitas na rúa Viejo Pancho, 13, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores da campaña A túa fidelidade ten premio, que se desenvolveu ao longo do mes de xuño.

ACISA Ribadeo sempre co deporte

A vila ribadense acollerá os días 30 de xuño e 1 de xullo o XI Torneo de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo, que disputarán 24 equipos procedentes de Galicia, Navarra e Cantabria nas categorías alevín, infantil, cadete e senior.

ACISA donou un ordenador ao club de remo local

As novas instalacións de Acisa, sitas no nº 13 da rúa Viejo Pancho, en pleno casco histórico de Ribadeo, acolleron a entrega dun ordenador doado polo colectivo empresarial ao Club de Remo local.

Fin de semana intenso para o comercio e a hostalería ribadense...

Fin de semana intenso para o comercio e a hostalería ribadense co remate da campaña Acisa premia a túa fidelidade, que coincide desde hoxe e ata o domingo con Os prezos arden. Ademais os nenos e nenas gozarán mañá dun obradoiro infantil.

Os prezos arden 2018

Do 22 ao 24 de xuño terá lugar en Ribadeo a segunda edición da campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos e na que participan 35 establecementos. Estes locais ofrecerán interesantes promocións e descontos aos seus clientes que oscilarán entre o 10 e o 50%.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies