12.9 C
Ribadeo
24 abril 2024
Inicio Etiquetas Comercio

Etiqueta: comercio

Acisa Ribadeo repartirá 20.000 vasos do Ribadeo Indiano entre todos @s...

Acisa Ribadeo repartirá 20.000 vasos do Ribadeo Indiano entre todos @s seus asociad@s. Trátase de recipientes de plástico serigrafiados, 100% reciclables e biodegradables.

Acisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas...

Acisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas actividades. Ademais das bolsas de papel gratuítas coas que contarán os socios e socias de Acisa, tras o acordo acadado coa administración galega hai uns días, o 29 de xuño terá lugar un espectáculo entorno a unha queimada tradicional en Rinlo e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo coincidindo coa Noite Flúor.

Sinatura do convenio anual de colaboración entre Acisa e Concello

Acisa asinou o convenio anual de colaboración co Concello de Ribadeo para a realización de actividades encamiñadas á promoción e apoio ao comercio e á hostalería ribadenses. A dotación económica ascende a 14.000 euros e servirá para que a asociación empresarial leve a cabo iniciativas positivas para os seus asociad@s e para o conxunto de Ribadeo.

Chega a segunda edición da campaña “A túa fidelidade ten premio”

Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente.

Acisa organiza o I desfile de charangas o 14 de xullo

O son e o colorido do Entroido inundarán as rúas de Ribadeo o 14 de xullo. Acisa organiza o I Desfile de Charangas que se celebrará ese día a partires das 20:30 horas.

Gañador do premio do Día da Nai 2018

Fernando González, un rapaz de Foz, foi o gañador do premio do Día da Nai de Acisa Ribadeo. Él foi o posuidor da papeleta cuxos catro últimos números coincidiron cos do sorteo extraordinario da ONCE do pasado 6 de maio, co 27.206.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies