Chegan as Noites Cálidas que organiza Acisa Ribadeo e que se desenvolverán os días 28 de xullo e 3 e 10 de agosto. O obxectivo desta campaña pasa por “potenciar as vendas durante o verán nos establecementos asociados, grazas á creación de eventos musicais que animen á xente a vir a Ribadeo. Tamén haberá actividades para os máis pequenos e as tendas terán un horario especial para atender á súa clientela”.
Na carpa de Acisa instalada no parque de San Francisco tivo lugar na tarde-noite de onte o sorteo de 1.000 euros en premios dentro da campaña de fidelización que se desenvolveu do 15 de maio ao 15 de xullo. Foron arredor de 20.000 as papeletas repartidas polos establecementos asociados durante este tempo entre as persoas que mercaron ou consumiron nos seus locais.
Un grupo de nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, participaron nesta calorosa mañá de domingo en Ribadeo no obradoiro de consumo no comercio local, organizado por A.C.I.S.A. Ribadeo.
Chegan os Días Azuis do comercio galego a Ribadeo do 16 ao 30 de xuño. Trátase dunha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comercias abertos de toda a comunidade á que se suman A.C.I.S.A. e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo.
A Asociación de Industriais, Comerciantes e Autónomos (A.C.I.S.A.) organiza en Ribadeo un obradoiro de consumo no comercio local dirixido aos máis novos. Esta actividade que se desenvolverá baixo o lema Xogamos con ACISA, terá lugar os días 17 e 18 de xuño. Con ela A.C.I.S.A. continúa coa súa campaña de promoción do comercio local na que está a traballar estas semanas buscando a fidelización dos clientes nos establecementos asociados.
Desde la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo, A.C.I.S.A. Ribadeo, creemos en la necesidad de colaborar como venimos haciendo habitualmente en todos aquellos eventos que consideramos beneficiosos para nuestros asociados y para Ribadeo.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies