A vila ribadense acollerá os días 30 de xuño e 1 de xullo o XI Torneo de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo, que disputarán 24 equipos procedentes de Galicia, Navarra e Cantabria nas categorías alevín, infantil, cadete e senior.
No torneo alevín daranse cita 24 equipos, que xogarán no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do CEIP Gregorio Sanz o sábado e o domingo. Proceden de diferentes cidades e localidades de León, Asturias, Portugal e Galicia. E no torneo miniprebenxamín o domingo participarán 4 equipos, tres asturianos e a SD Ribadeo.
Os días 9 e 10 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes.
O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XI Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na vila os días 2 e 3 de xuño a un total de 24 equipos.
ACISA FAI UN BALANCE POSITIVO DO XIII TORNEO DE FÚTBOL VETERANO RÍA DE RIBADEO
FRANCISCO IRIARTE SUBLIÑA A REPERCUSIÓN ECONÓMICA QUE TIVO PARA A HOSTALERÍA...
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies