Acisa sortea durante os xoves do mes de febreiro un total de 88 consumicións en 9 locais asociados. Con esta campaña denominada Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis a asociación anima a gozar da noite ribadense.
Acisa organiza de novo a campaña o Mes do Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 1 ao 29 de febreiro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que o pasado mes de novembro foi un éxito.
Mañá, 1 de novembro, da comezo o Mes do Aforro de Acisa Ribadeo. Trátase dunha campaña de fidelización con descontos no combustible grazas ao convenio firmado entre a Asociación de Comerciantes e o Grupo Valcarce.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies