Acisa colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. Máis de 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata mediados de decembro.
Acisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas novas campañas en novembro.
Papá Noel visitará Ribadeo o vindeiro domingo, 23 de decembro. Estará pola mañá e pola tarde nas inmediacións do Teatro. Acisa anima ás nenas e nenos a achegarse a velo.
Do 21 de decembro ao 7 de xaneiro Ribadeo contará por cuarto ano consecutivo cunha pista de xeo natural XL. O prezo das entradas será de 6 euros, pero aquelas persoas que fagan compras no comercio local asociado a Acisa a partir de 20 euros ou que consuman na hostalería local obterán un desconto do 50%.
Acisa Ribadeo procedeu ao acendido da súa árbore de Nadal, instalada na praciña de San Roque, esta tarde. No acto participaron o presidente e o xerente da asociación, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, xunto a outros membros da directiva.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies