6.1 C
Ribadeo
28 marzo 2024
Inicio Etiquetas Pequeno comercio

Etiqueta: pequeno comercio

Entregados os premios aos gañadores do X Concurso de Fotografía do...

Alba Pérez e Marcos Rodríguez, os gañadores do X Concurso de Fotografía do Día do Pai convocado por Acisa, recolleron os seus premios. A pandemia do Covid-19 fixo que o acto se celebrase hoxe. A entrega foi realizada polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte.

ACISA presenta o seu selo Ribadeo Seguro, unha marca propia para...

ACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir.

ACISA Ribadeo estima nuns catro millóns de euros as perdas millonarias...

ACISA Ribadeo ven de facer un balance inicial da situación no comercio e na hostalería locais tras o decreto da Xunta do pasado domingo, que restrinxiu a mobilidade na comarca da Mariña. A asociación estima unhas perdas superiores aos 4 millóns de euros e chaman á responsabilidade da cidadanía, recordando que tanto os comercios coma a hostalería de Ribadeo asociados cumpren con todas as normas sanitarias e de seguridade.

ACISA Ribadeo distribúe cartelería nos locais de hostalería, que estes días...

Acisa Ribadeo distribúe cartelería nos locais de hostalería, que estes días abren as súas portas, coas recomendación fronte ao Covid-19 e entrega material nos comercios asociados para dar a coñecer os prezos especiais que moitos realizan antes das rebaixas de verán. O slogan elixido para esta ocasión é Prezos especiais para ti.

ACISA recibiu as 1.000 máscaras hixiénicas doadas pola Asociación Deportiva de...

O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, recibiron na sede da asociación as 1.000 máscaras hixiénicas doadas pola Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC da man de Víctor Manuel Pérez Quintana e Juan Antonio Rodríguez Peceux.

Acisa repartiu hoxe entre os seus socios e socias a cartelería...

Acisa repartiu hoxe entre os seus socios e socias a cartelería precisa coas novas normas e recomendacións que hai que ter en conta á hora de entrar a comprar nun establecemento comercial.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies