A organización fai un balance moi positivo do VI Ribadeo Indiano que concluíu onte á noite co concerto ofrecido polo grupo Compay Segundo ante unhas 12.000 persoas. Concello e Acisa subliñan que se superaron as cifras de asistencia á anterior edición, a ocupación hoteleira foi practicamente do 100% e a localidade estivo ateigada de xente desde o venres pola tarde ata onte á noite.
Máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo
Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell.
Acisa Ribadeo sorteará na sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo, unha viaxe a Cuba para dúas persoas.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies