5.8 C
Ribadeo
20 abril 2024
Inicio Etiquetas Ribaxogo

Etiqueta: Ribaxogo

Concello e Acisa fan un balance positivo de RibaXogo

Concello e Acisa fan un balance positivo de RibaXogo. Do centro de ocio infantil e xuvenil, instalado no parque de San Francisco do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, desfrutaron preto de 2.500 pícarxs e rapaces durante este Nadal. Os datos provisionais apuntan a unha recadación que supera os 8.400 euros.

O alumnado de sexto de primaria do CEIP Gregorio Saiz, de...

Os alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a ACISA Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.

Todo está listo para a apertura de RibaXogo no parque de...

Todo está listo para a apertura de RibaXogo no parque de San Francisco. Este centro de ocio infantil e xuvenil abrirá as súas portas mañá, día 21, a partires das 12 do mediodía. Esta mañá estiveron supervisando as atraccións que están dentro e fora da carpa o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.

Ribadeo acollerá un centro de ocio infantil e xuvenil, RibaXogo, do...

Ribadeo acollerá este Nadal un centro de ocio infantil e xuvenil desde o día 21 deste mes ata o 5 de xaneiro nunha carpa de grandes dimensións instalada no parque de San Francisco. Aquelas persoas que fagan as súas compras ou consumicións nos locais asociados a Acisa obterán descontos do 50% nos prezos das entradas. RibaXogo foi presentado no salón de plenos do Concello.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies