Ribadeo acollerá os días 1 e 2 de xuño o II Torneo Cadete, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na localidade a 16 equipos procedentes de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela-León.
No torneo alevín daranse cita 24 equipos, que xogarán no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do CEIP Gregorio Sanz o sábado e o domingo. Proceden de diferentes cidades e localidades de León, Asturias, Portugal e Galicia. E no torneo miniprebenxamín o domingo participarán 4 equipos, tres asturianos e a SD Ribadeo.
Os días 9 e 10 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies