Mañá, 1 de decembro, arrinca a Campaña de Nadal de Acisa, que culminará o 11 de xaneiro coa Festa do Comercio na que se sortearán 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os clientes do comercio e da hostalería poderán facerse cos rifas do 1 de decembro ata o 11 de xaneiro.
Máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo
No bar Galicia, de Ribadeo, foi repartida a papeleta co nº 25.301 da campaña de fidelización Acisa Quérete, que se desenvolveu do 1 ao 16 deste mes de xuño.
Mª Ramona Murias e Mª del Carmen Vázquez son as gañadoras da campaña do día da nai, organizada por Acisa Ribadeo. Cada unha delas recibiu un vale de 100 euros para canxear por unha xoia en Azabache ou Gutié, dúas xoierías asociadas.
As papeletas premiadas na campaña do día da nai de Acisa Ribadeo son a 3301 e a 3303. Son os números anterior e posterior ao premiado no sorteo extra da Once do día da nai, celebrado onte.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies