Este sábado, 3 de setembro, ás 18:00 horas disputarase no estadio municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, o Trofeo Acisa Festas Patronais.
O xerente da asociación...
Acisa colabora un ano máis co Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo, que se disputa esta fin de semana os días 25 e 26 de maio. O evento, que chega á súa décimo cuarta edición, traerá á localidade a unhas tres mil persoas, cifra que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera moi importante para o movemento que xerarán tanto na hostalería como no comercio desde o venres ata o domingo.
No torneo alevín daranse cita 24 equipos, que xogarán no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do CEIP Gregorio Sanz o sábado e o domingo. Proceden de diferentes cidades e localidades de León, Asturias, Portugal e Galicia. E no torneo miniprebenxamín o domingo participarán 4 equipos, tres asturianos e a SD Ribadeo.
Os días 9 e 10 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies