A X Festa do Comercio de ACISA Ribadeo terá unha duración dende o 4 de decembro o 10 de xaneiro. Nese período, poderanse atopar en tódolos establecementos asociados a ACISA, as rifas para participar. Nesta edición póñense en circulación 125.000 rifas; número que se podería ampliar.
Acisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal que se desenvolverá do 4 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2021. Inclúe a X Festa do Comercio, que repartiá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, concursos, sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa e a instalación dun árbore na praciña de San Roque. O slogan elixido é Vive o Nadal en Ribadeo.
Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies