Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que terán lugar do 17 ao 19 de maio. Están organizadas por Acisa coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela.

17

Todo está listo en Ribadeo para a celebración das
primeiras Xornadas da Cabala, que terán lugar do 17 ao 19 de maio. Están organizadas
por Acisa Ribadeo coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. Na cita gastronómica
participan 21 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembrou que “do 17 ao 19 de maio terán lugar
as primeiras Xornadas da Cabala de Burela nas que participarán 21 locais hostaleiros
asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe
capturado polos barcos do porto burelés. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de
90 quilos de cabala que distribuímos entre os bares, mesóns e restaurantes sen ningún
tipo de custe para eles”.

Os locais participantes son: Queimada, O Lar de Manolo, El Rincón del Gordo, La Quinta,
A Horta de San Roque, O Indiano, La Solana, A Mirandilla, La Bugalla, Javier Montero,
San Miguel, Parador de Turismo, Ramonita, Cayo Coco, Costa Verde, A Menchina, La
Flor de Jose, Kalpa Amodiño, Mesón D´Cata, Mareta e Barallocas.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “esta é xa a terceira vez que desde Acisa
regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e
asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nas campañas que lles
propoñemos. Isto marca unha liña de acción da nosa asociación para este tipo de
eventos, que iniciou a actual directiva coas xornadas da lura e as da merluza de Burela e
que segue agora coa cabala”.

Cruzado Iglesias puntualizou que “o que lles aportamos aos 21 locais é unha parte do
produto que van empregar para elaborar as súas preparacións. Os bares van ofrecer
tapas e os restaurantes diferentes pratos dun produto de tempada como é a cabala ou
xarda”.

Pérez Prada indicou que “con estas xornadas o que pretendemos é axudar á
dinamización do sector hostaleiro nesta data tan especial que coincide coa celebración
das Letras Galegas, ofrecendo unha alternativa aos ribadenses e á veciñanza doutras
localidades da Mariña e do Occidente asturiano a quedarse ou a vir a Ribadeo a
disfrutar dunha proposta gastronómica diferente”.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense engadiu: “desde Acisa queremos
agradecer a colaboración e o apoio da OPP-7 para poder organizar estas novas xornadas
gastronómicas en Ribadeo. As da pescada, que fixemos en novembro, tiveron unha moi
boa acollida, que agardamos repetir nesta ocasión coa cabala ou xarda”.

No acto de presentación das Xornadas de Cabala de Burela participaron o presidente e o
xerente da OPP-7 de Burela, Juan José Otero e Sergio López, o xerente de Absa, Miguel
Neira, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Premios do día da nai

Mañá, 16 de maio, remata o prazo para reclamar os premios sorteados na campaña do
día da nai de Acisa Ribadeo.

Os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e premiado
coa experiencia Entre burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre
330 estancias; e o 6.113, que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao
colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, cortesía de Galería Terra Branca.