Trinca e cinco negocios asociados a ACISA Ribadeo colaboran coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro

24

Trinta e cinco negocios asociados a Acisa Ribadeo
colaboran do 16 ao 22 de outubro coa recollida anual de donativos da AECC con motivo
do día internacional da loita contra o cancro de mama.

A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo
colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Desde o 16 ao 22 de
outubro un total de 35 negocios asociados contarán con huchas para a recollida de
donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo co día
internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro,
xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia,
da prevención e da saúde. Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta
enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por iso
facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía a que aporten o que poidan
para esta importante causa, xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi
satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de
Ribadeo, Jesús Pérez, dixo que “as persoas que desexen colaborar coa Asociación
Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar os seus donativos nos
seguintes locais: A Mirandilla, Pepa Peineta, La Moda Sport, For Friends, Galipizza,
Serendipia, Javier Montero, Sanjurjo, Esprit, Xeito, Menfer, La Solana, Vitaldent,
Opticalia, Centro Auditivo, La Coqueta, O Indiano, Ginzo Hombre-Mujer, Bimba, Ágora,
Casa Mandarina, La Moda, La Moda Básico, R23, Panadería Torviso, Mercería Torviso,
Bar Portillo, Anaís, Siñeiro, Librería Juguetería Bahía, O Cabazo, Grisi, Araucaria
Gastronómico, Dándara y Farmacia Álvarez Lebredo. Dende Acisa queremos agradecer a
colaboración destes establecementos e tamén da AECC que nos permite de novo
botarlles unha man nesta importante causa”.