Un plan de futuro para o comercio local, no que o comercio de Ribadeo tivo voz a través de ACISA Ribadeo.

34
Plan estratéxico do Comercio de Galicia

Como xa vos contamos ACISA ( e o seu xerente) participou activamente nas mesas de traballo para deseñar o novo Plan Estratéxico do Comercio de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Comercio.

Este plan conta con 3 eixes, 16 medidas e 74 accións concretas e esta dotado con 320 millóns de euros no período 2025- 2030

Este plan autonómico será clave para modernizar e reforzar a competitividade do comercio de proximidade, creando unha marca propia de comercio galego, a revitalización das zonas comerciais e a mellora na experiencia de compra.

Desde o ACISA puidemos trasladar propostas que creemos necesarias, tendo un papel activo neste proxecto que ademais aglutina boa parte das propostas e inquedanzas que trasladamos.

Agora é o voso momento, o éxito dependerá da implicación que logremos entre comerciantes asociacións e administracións e ACISA Ribadeo está precisamente para canalizar esa implicación. Somos a institución local creada hai 36 anos, por e para os propios comerciantes e resto de empresarios. Cada socio é vital para o noso funcionamento.

Traballemos por tanto na cooperación, visión de conxunto e espírito construtivo, de empresarios asociación e administracións.

O futuro do comercio local e o futuro da nosa vila pasa pola unión, polo diálogo, pola empatía e pola responsabilidade compartida.