VII Cea de Gala

295
VII Cea de Gala

ENTRE ANÉCDOTAS, HUMOR E ENTREGA DE PREMIOS

ASÍ SE DESENVOLVEU A VII GALA DE ACISA, QUE ONTE Á NOITE TIVO LUGAR NO PARADOR DE TURISMO DE RIBADEO

Preto de cen persoas asistiron á VII Gala de Acisa, que se celebrou onte á noite no Parador de Turismo de Ribadeo. O evento foi conducido polo humorista Javi González.

A velada comezou cos discursos do presidente de Acisa, David Martínez; da deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo; do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; e do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia.

Na súa intervención Martínez dixo: “para mi esta es una noche especial porque tras 2 años como presidente de Acisa, como ya conté semanas atrás, dejo el cargo. Fueron 24 meses de intenso trabajo con el objetivo de atraer cada vez a más gente a Ribadeo”. O presidente de Acisa subliñou que “en Acisa perseguimos la promoción de la hostelería, del comercio, del sector servicios y sobre todo de Ribadeo. Y creo que poco a poco hemos ido cumpliendo objetivos, organizando campañas en solitario, como corresponde a una asociación de este calibre, y como coorganizadores de otras junto al Concello ribadense. Todo con una meta: que Ribadeo sea un referente en la comarca de A Mariña, en el Occidente asturiano, en la provincia de Lugo y en Galicia. A todas las instituciones aquí presentes queremos agradecerles su apoyo y colaboración para que Acisa y las actividades que planifica se conviertan en realidad. Y esperamos seguir contando con ellas”.

VII Cea de Gala

O presidente de Acisa tivo palabras de agradecemento para os compañeiros e compañeiras que o acompañaron ao longo destes dous anos na directiva, para os antecesores no cargo e para a súa familia. E animou “a comerciantes, hosteleros, empresarios… a que deis un paso al frente para llevar las riendas de esta asociación, que cumple 29 años. Hemos sido varios los presidentes y las directivas. Ha sido un largo camino, que debe seguir su recorrido. Esta caminata no puede parar. La unión hace la fuerza y eso debemos tenerlo muy presente”.

Tras esta quenda de intervencións tivo lugar a cea. A velada rematou coa entrega de agasallos a varios socios de Acisa Ribadeo. Os premiados foron: Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, aos que lles recoñeceron toda unha carreira empresarial. Trátase dos donos de O Bodegón, que recibiron este galardón “pola súa traxectoria intachable como hostaleiros e asociados de Acisa Ribadeo ata a súa recente xubilación”. O premio, unha figura de cerámica, foilles entregada polo presidente de Acisa, David Martínez.

Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, donos de O Bodegón

O premio como socio honorífico recibírono José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo quixo recoñecer “a súa traxectoria intachable como comerciantes e asociados de Acisa Ribadeo”. Nesta ocasión o encargado de entregarlles o premio foi o vicepresidente de Acisa, Juan Andina.

José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán

E o galardón como socio do ano foi para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca, “pola súa aposta comercial e a súa capacidade de innovación día a día, así como o seu compromiso coa nosa asociación”. Rocío Pertejo, membro da directiva de Acisa, entregoulle o premio.

José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca

Todos os galardoados amosáronse emocionados por este recoñecemento empresarial. Lembraron os inicios dos tres negocios, tiveron palabras de agradecemento para as súas fieis clientelas e tamén para os seus traballadores e traballadoras e destacaron a importancia da unión e de formar parte dunha asociación como Acisa.

Á VII Gala de Acisa asistiron tamén o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano; a edil de Turismo e Comercio de Ribadeo, Ana Martínez; o deputado autonómico ribadense Daniel Vega; así coma concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo.

Todos os asistentes recibiron un agasallo, xentileza da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

A noite discorreu entre anécdotas, bo humor e incluso algúns dos asistentes animáronse a poñer a nota musical interpretando cancións tradicionais.

VII Cea de Gala