XA SE COÑECEN AS FOTOS GAÑADORAS DO VIII CONCURSO FOTOGRÁFICO DO DÍA DO PAI, NO QUE ACISA RIBADEO REPARTE 500 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

FORON 88 OS PARTICIPANTES E MÁIS DE 5.000 OS VOTOS EMITIDOS EN FACEBOOK

Xa se coñecen as gañadoras e o gañador do VIII Concurso Fotográfico do Día do Pai, que convocou Acisa co eslogan O amor por un pai non ten prezo, pero si premio.

A foto que recibiu máis votos a través do Facebook de Acisa Ribadeo foi a titulada Desafiando al destino, de Manuel Solís, que recibirá 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

Desafiando al destino, de Manuel Solís

E o xurado entre as 20 fotos máis votadas no Facebook elixiu as tres gañadoras.

Primeiro premio, dotado con 150 euros en vales de compra foi para Érase unha vez, de Lucía Arias.

Érase unha vez, de Lucía Arias

Segundo premio, que recibirá 100 euros en vales de compra, foi para Un orgullo ser tu reflejo, de Cristina Losas.

Un orgullo ser tu reflejo, de Cristina Losas

Terceiro premio, dotado con 50 euros en vales de compra, foi para Xogos no Cargadoiro, de Lucía González.

Xogos no Cargadoiro, de Lucía González

Tod@s @s premiados recibirán os seus agasallos nas vindeiras horas.

O xurado do VIII Concurso Fotográfico do Día do Pai estivo formado por representantes de Foto Miguel e ElFarero Audiovisuales, como expertos na materia e socios de Acisa, así como David Martínez, Emma Álvarez e Ramón Loredo, presidente, secretaria e vocal en funcións de Acisa Ribadeo, ademais do xerente, Jesús Pérez.

O VIII Concurso Fotográfico do Día do Pai desenvolveuse do 2 ao 18 de marzo e pechouse con 5.061 votos emitidos e 88 participantes.

Desde Acisa amósanse satisfeitos: “xa que contamos co dobre de fotos que o ano pasado e cun 25% de incremento nos votos emitidos a través de Facebook. Trátase dunha campaña que xa está consolidada e que está a funcionar moi ben. Foi difícil elixir as fotos gañadoras deste 2018, de feito a votación do xurado estivo moi reñida”. E engaden que “calquera persoa que queira consultar algún dato sobre este concurso, pode dirixirse ás oficinas de Acisa, onde atoparán todos os datos das votacións”.