Visita carteira real dos Reis Magos

12

Ducias de nenas e de nenos tiveron a oportunidade na tarde do venres 29 de de decembro de achegarse en Ribadeo a falar coa carteira real dos Magos de Oriente, que escoitou atentamente as súas peticións. As pícaras e os pícaros aproveitaron para deixar no buzón real as súas cartas dirixidas a Melchor, Gaspar e Baltasar. A carteira real repartiu caramelos entre os máis pequenos da casa.

O photocall de Acisa, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi o punto de encontro cos nenos e coas nenas que paseaban coas súas familias e aos que lles sorprendía atoparse con esta especial presenza.
29
A  visita da carteira real foi organizada por Acisa xunto coa Comisión da Cabalgata de Reis e coa colaboración do Concello de Ribadeo.