Xa se coñecen os números gañadores da campaña conxunta organizada por ACISA e o Ribadeo FC. En xogo puxéronse 800 Euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao colectivo empresarial.

25

Xa se coñecen os números gañadores da campaña conxunta organizada por Acisa e o Ribadeo FC. En xogo puxéronse 800 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao colectivo empresarial.

Segundo indicou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: “o primeiro sorteo, que foi presencial, tivo lugar o pasado domingo no estadio municipal Pepe Barrera. E o segundo, non presencial, celebrouse na mañá deste luns nas oficinas de Acisa Ribadeo.

O nº 967 foi o gañador dos 300 euros en vales de compra, que o pasado domingo se sortearon no estadio municipal Pepe Barrera ao remate do partido que disputaron o Ribadeo FC e o Sofán”.

O premio foille entregado ao afortunado pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o secretario do Ribadeo FC, Moncho López.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “Acisa e o Ribadeo FC uníronse hai unhas semanas para poñer en marcha esta nova edición da campaña, na que o Ribadeo FC aporta 300 euros e Acisa aporta 500 euros. A parte do premio presencial, o luns sorteáronse nas oficinas de Acisa Ribadeo os premios non presenciais a porta pechada e mediante un sistema de xeración de números aleatorios. Os premios recaeron nos números 812, 1424 e 515, que recibirán cada un 50 euros en vales de compra; o numero 1515, é o afortunado con 150 euros en vales de compra; e o numero 988 é o agraciado con 200 euros tamén en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa”.

Cruzado Iglesias engadiu: “os premios poderán ser reclamados ata o 23 de maio. De non ser reclamado algún deles volveranse sortear o 26 de maio. Os vídeos do sorteo pódense ver nas redes sociais de Acisa Ribadeo”. Ribadeo de tapeo Acisa Ribadeo invita a todos os ribadenses e visitantes a gozar do Ribadeo de Tapeo, organizado polo Concello: “aínda que non se trata dunha actividade de Acisa animamos a toda a veciñanza a participar e a gozar desta cita gastronómica, xa que dos 21 establecementos participantes, 17 son asociados de Acisa Ribadeo. Para nós tamén é importante que esta actividade sexa un éxito para que os negocios poidan dar a coñecer a súa excelencia e lles sirva como un revulsivo económico nesta semana do mes de maio.