Xa temos gañadores da XV Festa do Comercio de Acisa. O sorteo celebrouse esta noite en Ribadeo.

102

Xa temos gañadores da XV Festa do Comercio de Acisa. O sorteo celebrouse esta noite en Ribadeo.

O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para o 98.907, entregado en Ágora. A persoa afortunada ten ata o 30 de xaneiro para reclamar o seu premio.

O premio de 250 euros en vales de compra foi para o 65.353, rifa entregada na Mirandilla.

O afortunado foi Raúl Rodríguez, de Rinlo.

O premio de 1.000 euros en vales de compra correspondeulle ao número 123.491. A rifa foille entregada por unha compra realizada en Óptica Carreira. A afortunada foi Paula Montero, de Mondoñedo.

O premio de 1.500 euros en vales de compra foi para o número 63.665, papeleta entregada en Ribamueble. A afortunada foi Ana Isabel Pérez, de Lugo.

O premio de 2.000 euros en vales de compra foi para o número 142.404, rifa entregada en La Solana. O afortunado foi Ricardo López, de Ribadeo.

E a viaxe a Menorca para 2 persoas foi para o número 168.039. A papeleta foi entregada en Grisi e o afortunado foi Carlos De La Cuétara, de Ribadeo.

Na entrega de premios participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o responsable de Gestión Gratelu e Multitrasteros, Pablo Posada, así como @s directivos de Acisa, José Ramón Leal, Trinidad Otero e Manoli Torviso, a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, e o xerente, Jesús Pérez.

Grazas a todos por asistir e pola fidelidade cos negocios locais de Ribadeo.