Xornada informativa sobre axudas da Consellería de Economía e Industria do IGAPE

206
Xornada informativa sobre axudas da Consellería de Economía e Industria do IGAPE

O PROÓXIMO DIA 21 DE MARZO, XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E DO IGAPE, EN COLABORACIÓN CON A.C.I.S.A. RIBADEO

O próximo dia, mércores 21 de marzo, as 20:30 horas no salón de actos da antiga casa sindical en Av. De Galicia 20, Baixo ; terá lugar unha xornada informativa para empresas, comercio e emprendedores.

Asistiran a dita xornada e será impartida por:

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández López.

A responsable do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Cristina Sanz Arias

O CONTIDO DA CHARLA:

Axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria

  • Axudas para autónomos.
  • Axudas para contratación de determinados colectivos.
  • Axudas para cooperativas e sociedades laborais.
  • Axudas para pequenas empresas de nova creación.
  • Axudas para comercio.
  • Axudas para formación de traballadores.

Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica

  • Axudas e servizos de apoio a emprendedores.
  • Axudas para industrias en funcionamento.
  • Préstamos directos do Igape.
  • Axudas para internacionalización.
  • Axudas de mellora da competitividade.

Dita charla contará cun turno de consultas para os asistentes.

“Dende A.C.I.S.A. Ribadeo creemos que pode ser unha xornada de gran interese para todos, tanto empresarios asociados como non asóciaos, emprendedores, autónomos, comerciantes e por tanto animámolos a asistir xa que a duración aproximada da xornada será de 45 minutos facendo que sexa amena e dinámica”. Declarou o xerente de A.C.I.S.A. Ribadeo.

Contamos coa vosa presencia, e animámosvos a asistir.