A.C.I.S.A. Ribadeo, en colaboración coa de Federación Galega de Comercio, organiza a xornada que leva por título: “PRINCIPAIS RISCOS LABORAIS NO SECTOR DO PEQUENO COMERCIO”, que terá lugar en RIBADEO, o vindeiro LUNS, 29 DE OUTUBRO, NO SALÓN DE ACTOS DO ANTIGO EDIFICIO SINDICAL (Avda. Galicia, 20 – bajo), a partir das 17:00 horas.
A xornada e gratuíta, previa inscrición. Envía un correo electrónico á dirección de mail: info@acisaribadeo.es, indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos.
- Entidade e cargo.
- Teléfono de contacto.
- Se es autónomo/a ou traballador/a por conta allea.
Esta Xornada enmárcase dentro do proxecto: XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORÁIS NO PEQUENO COMERCIO, que conta co financiamento da Xunta de Galicia.
Con este proxecto preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e a traballadores do pequeno comercio; previr riscos, adoptar pautas de acción seguras e saudables e diminuír a sinistralidade laboral, entre outros obxectivos.