16.9 C
Ribadeo
16 agosto 2022
Inicio Etiquetas Fidelización

Etiqueta: Fidelización

Chega a segunda edición da campaña “A túa fidelidade ten premio”

Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente.

Éxito da campaña de fidelización de A.C.I.S.A. Ribadeo

Na carpa de Acisa instalada no parque de San Francisco tivo lugar na tarde-noite de onte o sorteo de 1.000 euros en premios dentro da campaña de fidelización que se desenvolveu do 15 de maio ao 15 de xullo. Foron arredor de 20.000 as papeletas repartidas polos establecementos asociados durante este tempo entre as persoas que mercaron ou consumiron nos seus locais.

Campaña de fidelización A.C.I.S.A.

Por cada compra ou consumición nos establecementos asociados os clientes recibirán unhas tarxetas seladas, que deberán cubrir cos seus datos, e gardalas para acudir o día 15 de xullo ao sorteo presencial que terá lugar no parque de San Francisco. En xogo poranse 1.000 euros en vales de compra.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies