5.4 C
Ribadeo
26 abril 2024
Inicio Etiquetas Hostelería

Etiqueta: Hostelería

19 parellas disfrutarán mañá, sábado, das ceas que hoxe sorteou ACISA

Esta tarde tivo lugar nas instalacións de Acisa o sorteo das 19 ceas que a asociación puxo en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. Arredor de 5.000 papeletas foron introducidas na urna das que foron extraídas as gañadoras.

Todo está listo para a celebración da VIII Gala de ACISA

Acisa Ribadeo celebrará este ano, na súa Gala anual, dous importantes eventos: a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.

Un mes de febreiro intenso en ACISA Ribadeo

O 15 de febreiro, este venres, terá lugar o sorteo das 19 ceas que Acisa por en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. As afortunadas e afortunados disfrutarán destes agasallos o día 16.

ACISA ultima os detalles da súa oitava gala

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ultima os detalles da súa VIII Gala, que terá lugar o 22 de febreiro no Parador de Turismo de Ribadeo ás 21:30 horas. No evento renderase homenaxe a Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas. Este foi un dos asuntos abordados na Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa celebrada onte.

ACISA Ribadeo sorteará 19 ceas na campaña de San Valentín

Acisa Ribadeo desenvolverá a súa campaña de San Valentín entre os días 2 ao 14 de febreiro. Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade.

ACISA Ribadeo valora moi positivamente a súa participación en Fitur

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo valora moi positivamente a súa participación na feira internacional de turismo Fitur, que se está celebrando en Madrid, e espera que teña moita repercusión no comercio e na hostalería ribadenses.

Este sitio web utiliza cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies