35 aniversario de Acisa Ribadeo, sempre medrando xuntos

11

Sen pasado non habería presente e sen presente non haberá futuro.
Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo, o
fomento da economía e mantendo a Ribadeo coma a vila de referencia no
Occidente asturiano e na Mariña Lucense e faino recordando palabras do
ex presidente Pablo Vizoso que hoxe en dia seguen sendo dous piares
fundamentais para esta asociación: “Para Ribadeo la mejor industria fue,
sin duda, el Puente de los Santos” e tamén era un firme defensor do
asociacionismo “Es muy importante tener una voz que aglutine a todo el
comercio”.

35 anos de largo traballo que Acisa arrincou desde a inauguración da
Ponte dos Santos, co obxectivo claro de captar mais clientes de Asturias,
ese foi o inicio desta asociación, constituída o 30 de maio de 1989,
aproveitando un pequeno grupo de empresarios e comerciantes que xa
estaban traballando na promoción da vila pola súa conta.
Os inicios da actividade ían dirixidos a promocionar Ribadeo ante a súa
nova zona de influencia, Asturias. Non deixa de ser curioso, como 35 anos
despois Acisa ten os mesmos obxectivos. Os tempos cambian, pero ás
veces as necesidades seguen. Daquela xa se asistía a Fitur e mais á Casa de
Galicia en Madrid, cos mesmos obxectivos polos que se vai agora: por en
valor o que Ribadeo pode ofrecerlle á xente que nos visita.

Tras o nacemento de Acisa creouse a figura do Centro Comercial Aberto,
deste xeito o comercio minorista tiña dentro da patronal o seu propio
espazo con actividades, dende concursos e sorteos, a formación,
modernización….. Anos despois creouse Ribadeo Hostalaría, a sección coa
que se elaboran campañas propias para o sector, entrega de materiais,
etc.

Outro feito moi relevante da historia de Acisa e da consolidación de
Ribadeo como vila comercial foi a peatonalización das rúas comercias,
grazas en boa parte ás axudas obtidas pola asociación e que hoxe en dia
tanto propios coma estraños recoñecen coma un logro.

Non se pode falar de comercio en Ribadeo, sen falar do privilexio do que
goza a nosa vila de abrir os domingos polas mañás, avalado por unha Real
Orde e acordado no Concello de Ribadeo no 1949, feito que marcou e
marca dun xeito moi especial a diferenza entre Ribadeo e o resto de
municipios cercanos e que segue sendo un atractivo mais para os nosos
visitantes.

Nos últimos tempos pódese ver unha Acisa mais activa, mais dinámica,
mais presente nos medios de comunicación, e na vida social de Ribadeo,
que ofrece mais servizos os seus asociados. Na ultima década realizáronse
entorno a 300 actividades de dinamización comercial e hostaleira, Acisa
colaborou ou coorganizou mais de 200 eventos culturais e deportivos
doutras asociacións, repartiu arredor de 50.000 euros en vales de compra,
250.000 materiais gratuítos para socios por valor de mais 100.000 euros,
xerou mais de 8.000 noticias nos medios de comunicación e en total
inviste mais dun millón de euros directa ou indirectamente na labor de
potenciar, revitalizar e dinamizar o comercio e a hostalaría ribadense.
Debemos de ser honestos, todo isto foi posible grazas ás diferentes
directivas e xerencias destas tres décadas e media e por suposto, grazas os
que foron e son socias e socios de Acisa.

Acisa celebra 35 anos medrando xuntos, sendo un referente comarcal e en
moitos aspectos autonómico, tanto en comercio como en hostalaría, e hai
que afrontar novos retos para non perder esa importante posición.
Debemos ser conscientes da importancia de ser mais como colectivo,
porque iso fainos ser mais fortes para defender as necesidades do noso
comercio, da nosa hostalaría, e en definitiva para defender a economía de
moitas e moitas familias ribadenses, a dia de hoxe representa 170
empresas que supoñen uns 900 postos de traballo.

De non existir Acisa a dia de hoxe existiría algo moi parecido, e se non
habería que inventalo, xa que a forza do comercio ten o seu éxito na
unión.

Deste xeito directiva, xerencia e asociad@s brindamos por outros 35 anos
de vida de Acisa Ribadeo.

Jesús Pérez (xerente de Acisa Ribadeo)