Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da súa campaña do Día da Nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla e dunha experiencia entre burbullas.

289

Nas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o
sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata
de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre
Burbullas para dúas persoas.

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o
2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da
experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre
300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante
exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.

Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a
porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi retransmitido en
redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo fíxose mediante un programa de
xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total
de 8.000”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas
gañadoras teñen ata o dia 16 de maio para reclamar os seus premios nas oficinas de
Acisa Ribadeo”.

Cruzado Iglesias agradeceu “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus
regalos do dia do nai no comercio asociado, e que se animaran a celebraralo tamén na
hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea en familia, coas
mellores propostas gastronómicas que atoparon en Ribadeo e que seguirán a atopar
para vindeiras ocasións especiais”.

A presidenta do colectivo empresarial engadiu que “a campaña do día na nai de Acisa
completouse onte, domingo, coa entrega dun cento de caraveis na rúa ás mamás que
atopamos ao noso paso. Unha acción que xa é tradición na nosa asociación nesta data”.
Carmen Cruzado agradece “a colaboración de Galería Terra Branca nesta campaña do
día da nai 2024”.