ACISA Ribadeo repartirá flores polas rúas de Ribadeo o Día da Nai, o 7 de maio. E sorteará varios agasallos.

67

Acisa Ribadeo pon en marcha a campaña De Ribadeo para
mamá, coa que se pretende premiar ás veciñas e veciños deste municipio e da comarca
por realizar as compras no comercio local ribadense de cara á celebración do Día da Nai.
Esta campaña comeza o 28 de abril e desenvolverase ata o mesmo 7 de maio. Esa
xornada a asociación repartirá flores entre as mamás polas rúas de Ribadeo.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explica que “para esta campaña
edítanse 10.000 rifas, que os clientes deben cubrir cos seus datos para entrar no sorteo
dunha experiencia de desconexión para dúas persoas, doada por Viaxes Eroski; un bono
de seis meses cortesía de BeOne; e 100 euros en vales de compra para consumir nos
establecementos asociados a Acisa Ribadeo. As rifas estarán a disposición dos clientes
nas tendas asociadas, que se encargarán de custodialas ata a realización do sorteo, que
se levará a cabo o día 10 de maio nas nosas oficinas, emitirase polas nosas redes sociais
e posteriormente chamarase ás persoas premiadas para comunicarllo. As bases da
campaña poden consultarse na web de Acisa Ribadeo”.

Cruzado Iglesias subliñou: “desde Acisa Ribadeo agradecemos a colaboración de Viaxes
Eroski e BeOne, como doadores de dous dos premios desta campaña, que está
financiada pola Xunta de Galicia”.

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, anunciou que “como novidade neste ano e
para dar un toque de cor nunha data tan singular e alegre, o domingo 7 de maio pola
mañá repartiremos flores entre as mamás que atopemos polas rúas da nosa vila”.

“Queremos lembrar que Ribadeo ten unha ampla oferta comercial, e moi especialmente
de tendas con numerosos artigos dirixidos a mulleres, onde poder encontrar o agasallo
que estamos buscando para as nosas nais, sexa cal sexa a súa idade e para todos os
gustos, coas mellores calidades e bos prezos. E ademais queremos animar á veciñanza a
que celebre esa data tan especial na hostalería de Ribadeo, onde atoparán todo tipo de
propostas para este festexo familiar”, rematou Jesús Pérez.

BASES SORTEO