Chega a sexta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que terán lugar do 27 ao 29 de outubro. Están organizadas por ACISA e participan 12 locais hostaleiros.

331

Chega a sexta edición das xornadas gastronómicas
Asturias en Ribadeo, que se celebrarán do 27 ao 29 de outubro. Están organizadas por
Acisa e na cita participan 12 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “desde Acisa seguimos apostando
polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 27 ao 29 de
outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con elas queremos render
así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata
Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio
local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven un ano mais estas
xornadas”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús
Pérez, explicou que “son 12 os locais participantes, que ofrecerán tapas e menús
especiais ao longo da última fin de semana de outubro. As diferentes propostas
gastronómicas asturianas poderanse encontrar nos seguintes establecementos
hostaleiros: Galipizza, La Solana, Queimada, O Indiano, Mareta, A Horta de San Roque,
La Bugalla, La Flor de Jose, Asador La Quinta, Costa Verde, O Alén e O Lar de Manolo”.
E engadiu que “todas as propostas gastronómicas dos locais participantes poderán
consultarse nas redes sociais de Acisa a partires da semana que ven”.

Cruzado Iglesias sinalou que “as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo foron
desde o primeiro momento un reclamo tanto para os residentes na Mariña lucense
como para os veciños e veciñas do Principado, de aí que as organicemos de novo este
ano. Queremos animar a asturianos e galegos a que vaian facendo un oco nas súas
axendas para vir a Ribadeo a saborear todas as propostas que nos ofrecerá a hostalaría
local os días 27, 28 e 29 de outubro. Calquera día é un bo momento para vir ata
Ribadeo, pero si temos a posibilidade de facelo para saborear a gastronomía asturiana,
mellor que mellor”.