Mónica Arias González, veciña de Serantes (Asturias), foi a gañadora dunha das viaxes que ACISA sorteou na súa campaña de San Valentín.

32

Mónica Arias González, veciña de Serantes (Asturias),
foi a gañadora dunha das viaxes que Acisa sorteou na súa campaña de San Valentín. A
afortunada recibiu o seu premio esta mañá.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Mónica Arias González, de Serantes, foi a
gañadora dunha das dúas viaxes que sorteabamos con motivo da campaña de San
Valentín. Mónica puido gañar o premio grazas a unha compra realizada en For Friends,
onde recibiu a rifa co número 4.548”.

E sinalou que “a agraciada pode desfrutar deste premio tan especial dende hoxe.
Mónica Arias poderá escoller entre 5.100 destinos para pasar dúas noites con almorzo
para dúas persoas”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a outra viaxe que correspondía á
rifa 1.665, entregada en Miss-Tic, non foi reclamada polo que o premio quedou deserto.
Esa viaxe sortearase nunha futura campaña de Acisa Ribadeo”. E aproveitou para
agradecer “o apoio ao comercio local tanto das nosas veciñas e veciños, como os de
toda a contorna, tanto de Asturias como Galicia. E animámolos a seguir apostando polos
nosos negocios durante todo o ano, porque ademais de mercar poden levar algún
importante premio”.

O premio foi entregado nas oficinas de Acisa esta mañá pola presidenta e o xerente do
colectivo empresarial. Esta actividade, a campaña de San Valentín, está cofinanciada
pola Xunta de Galicia.