ACISA fai un balance positivo do traballo realizado pola delegación ribadense en Fitur

16

Acisa fai un balance positivo do traballo realizado pola
delegación ribadense desprazada a Fitur.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “nestas xornadas de traballo que
rematamos hoxe puidemos manter diversas reunións con operadores turísticos,
axencias de viaxes e asociacións profesionais poñer en valor Ribadeo como destino
turístico de calidade. Como noutras ocasións os visitantes que asistan a Fitur poderán
levar un exemplar da guía de información turística e comercial de Acisa. Estes días
asistimos ás presentacións institucionais tanto da Deputación de Lugo, da Mariña
Lucense en Fitur e á do Concello de Ribadeo na Casa de Galicia”.

Pérez lembrou que “Acisa ven aplicando dende hai anos diferentes estratexias turísticas,
coas que pretendemos potenciar o noso municipio como destino turístico de calidade e
diferente aos demais con campañas como o Domingueo en Ribadeo, os barrios e vilas
mariñeiras de Porcillán e Rinlo, o centro comercial coas mellores vistas… coas que vimos
poñendo en valor todos estes aspectos que a nivel comercial, gastronómico e turístico
nos diferencian e nos fan más atractivos para os posibles visitantes. Por iso dende Acisa
consideramos que a nova campaña do Concello de Ribadeo pode ser moi positiva, xa
que vai na mesma liña na que se leva traballando dende hai tempo”.

O xerente de Acisa indicou: “quixera tamén poñer en valor a presenza nesta feira de
diversas empresas tanto asociadas como non asociadas, que apostan por esta cita como
unha oportunidade de facer negocio e para conseguir visibilidade e posicionamento nun
sector cada vez mais saturado, principalmente o hoteleiro e hostaleiro; e tamén poñer
en valor o traballo dos catro restaurantes que participaron na xornada de onte na
degustación ofrecida ma Casa de Galicia e na que os produtos de proximidade foron os
protagonistas”.

Acisa aglutina a máis de 170 negocios de Ribadeo que “deste xeito estiveron
representados na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid ata o
vindeiro domingo. Todo o traballo feito redundará de xeito positivo no tecido
empresarial ribadense. O balance que facemos da nosa presenza nesta cita é positivo”.