A.C.I.S.A. Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

154
ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

ACISA RIBADEO DISTRIBÚE 35.000 BOLSAS DE PAPEL ENTRE OS SEUS ASOCIADOS E ASOCIADAS

ESTA TARDE VISITOU VARIAS TENDAS A DIRECTORA XERAL DE COMERCIO, SOL VÁZQUEZ, XUNTO Á QUE ESTIVERON O PRESIDENTE E O XERENTE DO COLECTIVO EMPRESARIAL

Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados máis de 35.000 bolsas de papel novas con imaxes emblemáticas como a Torre dos Moreno, o porto deportivo ou a praia das Catedrais

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, manifestou que “esta campaña especial, que realiza Acisa, débese á entrada en vigor da nova lei de uso do plástico para bolsas. Como asociación de comerciantes era a nosa obriga darlle un tempo de adaptación aos nosos asociados e asociadas. E para ilo cremos que a mellor forma é entregarlles bolsas de papel de maneira gratuíta, evitándolles costes prematuros para adaptarse á nova lei”.

Francisco Iriarte dixo que “desta forma seguimos traballando na liña de facilitar material gratuíto aos nosos asociados con dous obxectivos: minimizar os custes na súa actividade comercial, e promocionar Ribadeo e o seu comercio”.

O presidente de Acisa explica que “as bolsas son de catro modelos: pequena, mediana, grande e especial para viño. O seu deseño é completamente diferente ao das anteriores bolsas da asociación, nelas pode lerse a frase Ribadeo, preto de ti; Ribadeo, cerca de ti, coa que define á perfección o espírito da nosa asociación, e en especial do que significa o pequeno comercio e o comercio local. Están deseñadas con tres instantáneas de Ribadeo realizadas pola firma asociada Foto Miguel, nas que se poden ver os arcos das Catedrais, a Torre dos Moreno e o Concello e o porto deportivo, zonas de relevancia turística e dunha enorme beleza”.

Iriarte contou que “o reparto inicial destas bolsas realizouse o pasado luns, entregando arredor de 200 por asociado nun reparto o máis equitativo posible en función dos produtos que vende cada establecemento, tendo en conta que foron máis de 100 os comercios e restaurantes que recibiron as bolsas”.

O presidente de Acisa agradeceu “as xestións realizadas ao deputado autonómico ribadense Daniel Vega que trasladou á Xunta de Galicia esta necesidade para o noso colectivo e foi rapidamente atendida polo organismo autonómico ao que tamén lle dou as grazas”.

Dende Acisa remarcan o carácter gratuíto deste material e Francisco Iriarte sinalou que “somos conscientes de que para algún comercio non serán suficientes para todo o verán, pero debemos ter en conta o volume global de bolsas. Ademais podemos adiantar que estamos traballando en poder realizar outro reparto de cara ao Nadal”.

Esta mesma tarde Francisco Iriarte e o xerente de Acisa, Jesús Pérez, acompañaron á directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, na visita realizada a varios establecementos asociados de Ribadeo, que xa contan con este material. Xunto a ela estiveron tamén o parlamentario autonómico Daniel Vega e os concelleiros do PP en Ribadeo, Jesús López Penabad e Juan Estévez.

ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas

ACISA Ribadeo distribúe 35.000 bolsas de papel entre os seus asociados e asociadas